Exprésate!!
Inicio | Mapa web | Contacto
Nova lei Galega da Mocidade

CAL É O OBXECTO DA WEB

A Direción Xeral de Xuventude e Solidariedade mediante a web: www.leimocidade.info da comezo ao proceso participativo que ten como obxecto recoller as achegas, opinións, inquietudes e todas as suxestións da sociedade galega, como medio para crear unha lei galega da mocidade que se axuste ás necesidades da xente nova e na que a mocidade galega se vexa reflectida.

A QUEN VAI DIRIXIDA A NOVA LEI E QUEN PODE PARTICIPAR

Mozos e mozas da Comunidade galega en idades comprendidas entre os 14 e 30 anos.

Poden participar todas aquelas persoas de calquera idade que queiran realizar as súas achegas, suxestións, mostrar as súas inquedanzas en materia de xuventude, de modo que poidan verse reflectidas na lei.

Participa!! e gaña a túa lei
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
Secretaría Xeral do Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15.704 Santiago de Compostela