A través do seguinte formulario poderás participar no proceso de creación da Nova Lei galega da mocidade. Poderás expoñer os teus comentarios, suxestións e contribucións a aqueles temas que che pareza que deben ser tidos en conta ou sobre os que queiras realizar calquera suxestión á nova lei, por exemplo temas realicionados co emprego, deporte, vivenda, voluntariado... As túas achegas serán en todo momento privadas e non se farán públicas na web. Descarga o borrador do anteproxecto de lei.